DICIONÁRIO GALEGO para o
Spell Checker for Edit Boxes
(normativa de mínimos) |
Antecedentes
A partir dun dicionário para o ispell obtén-se con relativa facilidade unha lista ordenada
alfabeticamente das palabras que o dito corrector recoñece como válidas. No caso da versión 0.3 do
dicionário galego esta lista
consta de 214.328 palabras. Con esta lista pode elaborar-se un dicionário para o corrector ortográfico
para Windows Spell Checker for Edit Boxes.
Os critérios lingüísticos que seguimos para elaborar este dicionário recollen-se na seguinte
páxina.
Características do corrector
Spell Checker for Edit Boxes é un corrector
ortográfico que se pode empregar sobre multitude de aplicativos en Windows 3.1/95/98 capaces de
editar texto.
Mantén-se normalmente en segundo plano, chamando-se mediante unha combinación de teclas, definida
polo usuário.
Existen dicionários mestres para várias línguas, e ademais poden criar-se dicionários
persoais, facilmente editábeis.
Os requerimentos do sistema son modestos é deberia executar-se en calquer computador. Spell
Checker for Edit Boxes requere Microsoft Windows 3.1 ou superior. En Windows 95/98 traballa coas
aplicacións de 16-bit e con algunhas, non con todas, das de 32-bit. NON pode instalar-se en Windows
NT da versión 4.0 en adiante.
Spell Checker for Edit Boxes é un corrector ortográfico gratuito para uso privado e educacional; para
uso corporativo, comercial ou governamental debe rexistar-se e pagar unha pequena taxa.
Obtención
O corrector consta cando menos de dous pacotes:
Un cos arquivos do programa.
-
Un dicionário (.SCD) tal e como ha no galician-scd-03.zip, que
fornece as palabras dunha determinada língua, neste caso o galego. Debe instalar cando menos un dicionário
para que o programa poda funcionar. Este dicionário debe colocar-se no mesmo directório
no que estexan os arquivos do programa.
No site do criador do programa pode achar outros
10 dicionários.
Tipos de dicionários
O corrector Spell Checker emprega dous tipos de dicionários:
dicionários mestres coa extensión SCD que están comprimidos e que non se poden editar nen
actualizar.
dicionários persoais coa extensión DIC que @ usuári@ pode criar, editar, engadir ou eliminar.
Non pode empregar un dicionário mestre coa extensión SCD como se fora un dicionário persoal, e se
tenta facé-lo vai-no estragar. (Se tal ocorrera debe eliminá-lo e reemprazar con unha cópia
do orixinal do arquivo de distribuizón).
|
ADVERTÉNCIA |
Imos pola versión 0.3 e ainda fica bastante para estar completo, mais xa vai sendo
de bastante utilidade. Contodo ainda pode ter erros, e contamos coa colaboración d@s usuári@s
para detectar e corrixir tais erros.
|
|
|
|
INSTALACIÓN[1] |
Extraia o programa e os dicionários usando PKZip, WinZIP, Norton Unzip ou algun programa similar. Os
arquivos extraídos deben situar-se nun directório permanente no seu disco ríxido.
(WinZIP pudo ter extraído automaticamente os arquivos, situando-os en distintos directórios,
nese caso debe coloca-los todos no mesmo directório.)
Crie un atallo para o programa SPELL.EXE arrastando o ícone do spell.exe desde o a pasta que o
conteña ao escritório. Este paso non é imprescindíbel.
Execute SPELL.EXE, que lle amostrará información sobre a licenza e unha xanela de opcións na que
pode adaptar a configuración.
SPELL.EXE detectará automaticamente os dicionários mestres e apresentará-lle unha lista con eles
nunha caixa nomeada 'Language:' na metade direita da xanela de opcións.
Caso de ter instalado un só dicionário mestre, SPELL.EXE escollerá-o automaticamente como o
dicionário mestre de traballo. Se ten instalado máis de un, debe seleccionar o que quer usar en
primeiro lugar na lista 'Language:'.
SPELL.EXE criará automaticamente un dicionário persoal e chamara-o DEFAULT.DIC. Este nome
deberia listar-se en primeiro lugar na caixa que aparece na parte superior direita da xanela,
xusto en baixo do cabezallo 'Dictionaries maintenance'.
Para modificar o nome ou o status do dicionário persoal ou para criar dicionários persoais
adicionais, use os botóns 'Add' (engadir), 'Edit'(editar) e 'Delete'(eliminar) que fican a direita
da caixa cos dicionários.
NOTA IMPORTANTE.
Por un erro do programa, este cria o dicionário persoal DEFAULT.DIC como un
arquivo só leitura. Debe modificar isto para poder engadir-lle palabras. Para facé-lo clique
no botón 'Edit', aparecerá unha xanela e nela debe clicar no cadrado que ha acarón da lexenda Read
Only(só leitura), de xeito que esta opción ficará desmarcada. Entón clique no botón 'OK'.
Máis información sobre as opcións disponíbeis na axuda.
Despois de escoller as opcións que considere pertinentes clique no botón 'Install' para instalar o
Spell Checker no seu computador. (Pode aceder máis tarde ao menu de opcións e modificá-las
como desexar).
Reinicie Windows. Cada vez que se inicia o Windows vai aparecer na parte inferior esquerda da tela e
durante uns segundos unha etiqueta do Spell Checker. (Pode evitar que isto suceda desmarcando o ítem
'Show startup box' na parte inferior direita da xanela de opcións, xusto en baixo de
Configuration).
|
USO do Spell
Checker |
Desde algun programa que permita editar texto (wordpad, block de notas, wordperfect...) prema as teclas
do atallo que teña seleccionado nas opcións. A combinación de teclas que ven por defeito
é [Ctrl]+[Alt]+[F12]. Ao premer a dita combinación de teclas abrira-se unha xaneliña,
-
ben a correspondente ao corrector (Spell Checker),
-
ben unha para engadir un novo tipo de programa (Add Type), cando use o
corrector por primeira vez con un determinado programa.
Neste caso na maioria das veces chega con clicar no botón 'Add' sen modificar nada na caixa de
'Settings'.
Nalguns programas, por exemplo Wordperfect, para que apareza a xanela do corrector cumpre ter
seleccionado o texto que se quer corrixir, e caso de querer corrixir todo o texto haberia que o
seleccionar todo.
Pode aceder-se á xanela de opcións desde a xanela principal do corrector (escreba algo con unha
ortografia incorrecta deliberadamente e corrixa-o para que apareza a dita xanela), ou executando
SPELL.EXE.
Se ten problemas, tente corrixir no Block de Notas. Isto debe funcionar sempre, se Spell Checker esta
configurado axeitadamente.
Tamén pode ler o FAQ sobre problemas que ha na axuda.
|
ADVERTÉNCIA |
O Spell Checker funciona
bastante ben con texto sen formato, mais estraga o formato con moita facilidade, asi que
recomendamos non emprega-lo en arquivos de texto con formato (negrito, cursiva, listas,
opción de parágrafos...). Ou sexa pode-se empregar con tranquilidade en editores de
texto (block de notas, EditPad...), mais con cautela en procesadores de texto (Word,
WordPerfect...). Ademais canto mais moderno é este, pior. |
|
|
|
Desinstalación |
Execute SPELL.EXE e clique no botón 'Unistall' no parte inferior do recadro 'Configuration'.
Pedira-se-lle que reinicie o Windows.
Unha vez reiniciado o Windows pode eliminar tranquilamente os arquivos do corrector do seu disco
ríxido.
|
Elaboración dun dicionário
mestre |
É un proceso sinxelo, mais para o que cumpre ter unha lista de palabras, con unha palabra por liña
e ordenadas alfabeticamente.
Executa-se o programa BUILDSCD.EXE
Onde aparece "Word list" selecciona-se o ficheiro coa lista de palabras, por exemplo:
galician.dic
Selecciona-se a opción "Create new dicionary"
Onde aparece "Create as" escrebe-se o nome que se lle quer dar ao novo
dicionário, por ex.: galician.scd
En "title" escrebe-se un nome axeitado, por exemplo: galician
Preme-se "Start"
Sai unha mensaxe de "available memory ..." ; premer "Si".
O BUILDSCD.EXE vai criar o dicionário no directório onde estexa a lista de palabras. En todo caso o
dicionário criado debe colocar-se no directório onde estexa o programa SPELL.EXE.
[1] Os nomes dos arquivos
Nestas instrucións escreben-se completos os nomes dos arquivos, incluindo as extensións. Se esta
a usar Windows 95 ou 98, as extensións poden non aparecer no Exporador de Windows, xa que este por
defeito oculta as extensións dos arquivos. Se o desexar pode modificar este comportamento:
- Execute o Explorador de Windows;
- Seleccione a opción 'Ver | Opciones...';
- Clique en 'Mostrar todos los archivos';
- Clique 'Aceptar'.
Mesmo coas extensións ocultas pode identificar o tipo de arquivo:
- Clique co botón direito do rato na xanela direita do Explorador de Windows;
- Escolla 'Ver' do menu;
- No submenu que aparece clique en 'Detalles' co botón esquerdo do rato. Isto da lugar a que se
mostre mais información sobre os arquivos, incluindo o tamaño, tipo e data de criazón ou última
modificación.
Os dicionários mestres teñen a extensión SCD. Esta extensión é identificada polo Windows como
pertencente a un arquivo "Microsoft Schedule Plus". Esta é unha confusión acidental que non afecta
en modo algun a operación do corrector Spell Checker.
|