O corrector ortográfico ispell pode-se empregar como un
programa independente, para corrixir ficheiros de texto, TeX/LaTeX ou
nroff/troff. Descrebendo-se mais abaixo o seu uso. Porén moitas veces
resulta máis cómodo e máis útil usa-lo desde outros
programas. Existen multitude de programas que dun xeito mais ou menos directo
usan o ispell como corrector ortográfico. A maior parte deles son
orixinalmente programas escritos para Unix, mais tamén ha programas para
Windows, MacOS X e OS/2. De seguido listamos programas que sabemos poden usar o noso
dicionário, mais seguramente ha outros.
|
KSpell |
Corrector ortográfico gráfico, visualmente máis
atractivo que o ispell, e nalguns casos máis cómodo, noutros
non. Ë utilizado polos aplicativos de KDE. |
KEdit |
Editor de texto básico de KDE. |
KWrite |
Editor de texto de KDE, máis potente que o anterior. |
Emacs |
Moito máis que un editor de texto. Algunha xente non precisa
máis para viver. |
Nedit |
Editor de texto bastante potente para Xwindows. Para a
corrección ortográfica o nedit abre unha xanela co ispell,
e traballa-se con el directamente. Do xeito descrito máis
abaixo. |
Tcltexed |
Editor de texto baseado en Tcl/Tk, de xeito que se pode
executar en calquer máquina que teña Tcl/Tk |
Abiword |
Procesador de textos WYSIWYG (o que ves é o que obtés)
da GNOME Office.
Incorpora parte do código do ispell, e usa os seus
dicionários. Para poder corrixir en galego cumpre usar unha
versión igual ou superior á 0.95, e copiar o ficheiro
galician.hash no directório .../Abisuite/dictionary. (Tamén
funciona unha ligazón, caso de ter xa instalado o dito arquivo
noutro directório). |
Pathetic Writer |
Procesador de texto, moi básico, da Siag Office. |
KWord |
Procesador de texto WYSIWYG de KOffice baseado en marcos. |
LyX |
Procesador de texto WYSIWYM (o que indicas é o que
obtés). Precisa de LaTeX. Moi recomendábel. |
TeXmacs |
Procesador de texto WYSIWYM. Tamén precisa de LaTeX |
KMail |
Cliente de correo de KDE. |
XCmail |
Cliente de correo para Xwindows. |
XFMail |
Cliente de correo para Xwindows. |
TkMail |
Cliente de correo para Xwindows. |
KRN |
Leitor de novas de KDE. |
XFIG |
Programa de deseño gráfico. |
|
Abiword |
Procesador de texto da GNOME Office. O abiword
é un programa multiplataforma, habendo unha versión nativa
de windows, que non precisa de ningun outro programa. É a
solución máis cómoda para poder utilizar o noso
dicionário en windows. Máis información
aqui. |
Ispell |
Ha várias versións de Ispell para windows. O
dicionário galego funciona correctamente coa compilada coas
ferramentas de Cygwin,
ainda que non é imposíbel face-lo doutro xeito. Vexa-se
tamén a páxina do LyX. |
Emacs |
Moito máis que un editor de texto. Precisa ter instalado o
Ispell. |
TeXShell |
Editor de texto pensado para traballar con ficheiros TeX. Precisa ter
instalado o Ispell. |
LyX |
Procesador de texto WYSIWYM (o que indicas é o que
obtés). Precisa de Cygwin, LaTeX e Ispell. A páxina
referenciada documenta moi claramente o que cumpre facer para instala-lo,
incluindo como obter Cygwin, Latex e Ispell. |
Spell Checher |
Corrector ortográfico multiuso. É unha ferramenta nativa de windows,
un tanto vella, para a cal adaptamos o noso dicionário. |
WinEdt |
Editor de textos, con predisposición para editar arquivos LaTeX.
En princípio os dicionários que usa para a corrección
ortográfica son simples listas de palabras, como a que vai comprimida
no seguinte
ficheiro. |
Hoxe en dia e grazas ao proxecto Cygwin
existen versión para windows dunha grande cantidade de programas
Unix. No prórpio site do dito proxecto fornecen infomación
abonda.
|
Para corrixir o ficheiro foo.txt co ispell dixite
ispell -d galician -T modo foo.txt
onde "modo" pode ser un dos tres seguintes:
- lat (usa a páxina de códigos latin1, i.e. á, é, ñ ...)
- tex (para ficheiros tex, i.e. \'a, \'e, \~n ...)
- pre (para ficheiros nroff, i.e. 'a, 'e, 'i ...)
o modo por defeito é o primeiro, de xeito que
ispell -d galician -T lat foo.txt == ispell -d galician foo.txt
Unha vez carregado, o ispell vai mostrando unha por unha as palabras que non recoñece como válidas,
tal e como se ve na figura adxunta. Na parte esquerda da liña superior da xanela aparece a palabra non
recoñecida, e no centro desta mesma liña o nome do ficheiro a corrixir. En baixo aparecen unhas poucas
liñas do ficheiro contextualizando a palabra non recoñecida, que se salienta mediante a inversión do
fondo. E por baixo destas liñas aparecen unha série de suxestión numeradas. Se dentro das suxestións
mostradas está a forma correcta dixite o número correspondente e a forma correcta substituirá a
incorrecta. Se as suxestións son máis de nove os números terán duas cifras e cumpre dixitar ambas,
ainda que a primeira sexa un zero.
Por último na parte inferior da xanela aparecen as seguintes opcións:
[SP] |
Premer a tecla de espazo. Aceita a palabra tal como está, esta vez nada máis. |
<number> |
Dixitar o número da suxestión axeitada. |
R)epl |
Premer a tecla R. Permite corrixir a palabra manualmente. |
A)ccept |
Premer a tecla A. Aceita a palabra como está e a considera válida no resto da sesión. |
I)insert |
Premer a tecla I. Aceita a palabra, con as maiúsculas que poda ter, e inclui-a no dicionário
persoal. |
L)ookup |
Premer a tecla L. Procura palabras no dicionário do sistema, que é un dicionário diferente
dos dicionários de ispell. |
U)ncap |
Premer a tecla U. Aceita a palabra, transformando todo a minúsculas, e inclui-a no dicionário
persoal. |
Q)uit |
Premer a tecla Q. Remata a corrección sen salvar as correccións feitas até o momento. |
e(X)it |
Premer a tecla X. Remata a corrección neste ponto, salvando a correccións feitas até o
momento. |
? |
Premer a tecla ?. Axuda (en inglés). |
^L |
Redebuxa a xanela |
Ademais de como programa individual o ispell é usado como corrector ortográfico por distintos
programas, que explican o seu uso, normalmente máis cómodo que o descrito.
Para máis información sobre o ispell dixite: man ispell.
|