Neste site pode achar dicionários de galego, usando a normativa de mínimos, para 4 correctores ortográficos:
Ispell,
Aspell, MySpell
(utilizado por Openoffice e
Mozilla), e
Excalibur.
En realidade os dicionários para Aspell, MySpell e Excalibur son derivados do dicionário para Ispell. Como
por falta de tempo non podo actualizar moito este site, case toda a información que por aqui aparece fai
referéncia ao Ispell, mais a maior parte é aplicábel tamén aos outros dous correctores.
Os catro dicionários poden ser usados, redistribuidos ou modificados sob os termos da Licenza Pública Xeral da GNU.
Ainda que o corrector ispell é orixinário do mundo Unix, onde está amplamente
difundido, o noso dicionário pode-se usar tamén noutros sistemas operacionais. Tal é como
se ve na páxina sobre o uso.
O dicionário orixinal, o correspondente ao Ispell, foi realizado por André Ventas e Ramón Flores. Os
correspondentes a Aspell e MySpell son da autoria de Ramón Flores. Entanto que Alberto Míguez compilou
a versión para o Excalibur.
A versión actual é a 0.5 (Xaneiro de 2003)
|