INICIAL CUESTIÓNS LINGÜÍSTICAS USO
INSTALACIÓN AMPLIACIÓNS DESCARREGAR
 
LIMITACIÓNS
 
  1. Polo momento o dicionário ainda non está completo, mais consideramos que xa resulta útil. O ficheiro de afixos galician.aff, é bastante completo o que permite que con un número de palabras raices non moi elevado, o corrector recoñeza un grande cantidade de formas. Asi por exemplo da palabra raiz amor derivan-se 53 formas verbais distintas, e ademais amador, amadora, amadores, amadoras, amante, amantes, amábel e amábeis.

    • A versión 0.1 inclui 12.744 palabras raices, recoñecendo en total 162.011 formas.
    • A versión 0.2 inclui 14.400 palabras raices, recoñecendo en total 185.981 formas.
    • A versión 0.3 inclui 15.051 palabras raices, recoñecendo en total 214.328 formas.
    • A versión 0.4 inclui 15.011 palabras raices, recoñecendo en total 215.139 formas.
    • A versión 0.5 inclui 24.000 palabras raices, recoñecendo en total 515.176 formas.

  2. Os pronomes, ou contraccións de pronomes, átonos enclíticos unen-se ao verbo mediante o trazo. O ispell con este dicionário recoñece a maioria das formas verbais con pronomes enclíticos, mais non da recoñecido como válidas as 1ª e 2ª persoas do plural de caisquer tempos seguidos dos pronomes átonos -lo(s) e -la(s), e tampouco as 1ª persoas do plural seguidas do pronome -nos. Asi

    non recoñece: collemo-lo, collede-las, colleste-los, collíamo-la, colleremo-nos ...
    si recoñece: collé-lo, collin-na, colleche-mo, collerán-cho, collemos-lle, collestes-nos, coller-se, collias-lles, colleran-vos, colleres-lle-la...

    Da como válidas falsamente as formas collé, andá ... que son necesárias para dar por válidas (correctamente): collé-lo, andá-los, etc. Consideramos que as formas collé, andá, etc dificilmente poden ser escritas por erro.


 
CONSELLOS
 

O ispell non sempre apresenta as suxestións máis acaídas, asi se unha palabra non é recoñecida como correcta é conveniente facer o seguinte:

  1. Se ha unha "b" troca-la por unha "v"

  2. Se ha unha "v" troca-la por unha "b"

  3. Caso de ter escrito unha forma rematada en "-ción" ou "-sión" troca-la pola rematada en "-zón" ou "-són"

  4. Caso de ter escrito unha forma rematada en "-zón" ou "-són" troca-la pola rematada en "-ción" ou "-sión"

 

Copyright André Ventas e Ramón Flores Última Actualización: 28 de Decembro do 2002